Blogia
VAI DE TELE

TELEVISIÓN MONOTEMÁTICA

Como é ben sabido, a televisión na actualidade carece de creatividade e frescura na súa programación. Dita programación é moi similar en todas as cadeas televisivas, pois basan os seus programas nos mesmos xéneros e fanos coincidir na mesma franxa horaria, deixando ó espectador cun escueto abanico de posibilidades de elección de xénero.

A maioría das cadeas de televisión recaen no mesmo erro, sustituir formatos que non tiveron unha gran aceptación na audiencia por outros moi similares, nalgúns casos exactamenta iguais, o que fai que haxa menos posibilidades de ter unha programación máis variada o non sustituilos por formatos diferentes.

Outro recurso que foi e continúa sendo moi utilizado é a recuperación de series e programas de gran éxito no pasado para incluílos nas parrillas actuais. Unha variante de este recurso é crear novas series ou programas, baseándose en ditos programas de éxito.

Por fortuna as novas cadeas de televisión traen consigo novidades que dan máis frescura á parrilla e ofrecen unha alternativa a programación das outras cadeas.

Noel Garrido e Alberto Domínguez

http://www.elmundo.es/elmundo/ciudadanotv.html?

0 comentarios